O Dado-Dadá é un Club de Jazz no que ademais teñen lugar outros actos culturais. Dende 1980 ano en que abreu as súas portas ó publico, ten unha intensa e variada actividade: musica jazz, clasica, folk, canción de autor, maxia, teatro, contacontos, presentación de libros e discos, conferencias, proxección de curtametraxes...
Dende a presentación dos primeiros discos de Milladoiro desfilaron polo seu pequeno escenario grandes artistas tanto nacionais como internacionais: Pedro Iturralde, Barry Harris, Raimundo Amador, Juan Tamariz, Anthony Blake, Pepe Carrol, Ismael Serrano, Javier Krahe, Amaral...
E a sede da Asociación Cultural galega 'A Musa' (Asociación de Música e Arte),é tamen o punto de encontro dos Magos galegos...
Foi escenario da gravación do último disco do Mestre do Jazz español, Pedro Iturralde, titulado 'Etnofonías. Peregrinaxe musical a Compostela', producido por DADO-DADÁ RECORDS co que inaugura o seu propio selo discográfico (o primeiro de España creado para gravar, exclusivamente, os concertos de Jazz en vivo e en directo e convertilos en discografía)...
Para información pode escribir a: info@dadodadajazzclub.com
Para reservas pode escribir a: reservas@dadodadajazzclub.com
Estamos en: